O Equipo

 

ECOTOX é un equipo de investigación en Ecotoxicoloxía e Contaminación Mariña. Pertence a Universidade de Vigo e está integrado no grupo EcoCost. Está formado por membros do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal e do Departamento de Química Analítica e Alimentaria, traballa. Ven traballando dende 1996 na recopilación de información ecotoxicolóxica mariña que, aporte os fundamentos científicos para elaborar criterios e normas ambientais para a protección dos ecosistemas mariños costeiros.

Na actualidade ven desenvolvendo a súa actividade de investigación no marco de proxectos financiados pola Unión Europea, o Ministerio de Ciencia e Innovación, a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e outras institucións con competencias ambientais, ademais de xerar teses doutorais concluídas, máis de 100 publicacións científicas SCI e 30 contratos de I+D con entes públicos e privados.

Os nosos laboratorios están ubicados nas Facultades de Ciencias do Mar, a Facultade de Químicas e na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, ECIMAT ... seguir a leer

Visor Cartográfico

 

O visor cartográfico forma parte dunha Infraestructura de Datos Espaciais, e está a ser desenvolvido para dotar dunha ferramenta de monitorización e consulta do estado ambiental da costa galega á comunidade científica e á sociedade.

Presenta información sobre o estado de calidade química da auga costeira baseada en datos propios e de publicacións.

A información se representa cun código de cores tipo semáforo, similar ó empregado pola Comisión OSPAR nos Quality Status Reports ... seguir a leer

Accede ao Visor Cartográfico

Galería